Publicador de contidos

Viaqua celebra 10 anos do seu Certame Literario cunha xornada lúdica de entrega premios

A empresa galega entrega 19 premios valorados en máis de 1.500€ a estudantes de Santiago de Compostela e Ourense

120 xóvenes festexan o día do libro falando de medioambiente con Viaqua 

Con motivo da celebración do Día do Libro, a empresa galega Viaqua, organizou unha xornada lúdica na Cidade da Cultura de Galicia para lembrar a importancia da conciencia medioambiental a través da literatura e realizar a entrega dos premios aos relatos gañadores do X Certame Literario “Relatos de Auga Intelixente”. 

Os gañadores e gañadoras desta edición son escolares dos colexios Divina Pastora e Padre Feijoo Zorelle de Ourense e dos institutos Antonio Fraguas e Lamas de Abade de Santiago de Compostela. Viaqua entregou un total de 19 premios valorados en máis de 1.500€. Repartíronse en “Vales” de 150€ (1º premio), 75€ (2º premio) e 50€ (3º premio), para trocar no comercio local, tanto en produtos deportivos, de papelería ou libraría e/o tecnolóxicos. Ademais, o centro educativo Divina Pastora de Ourense recibiu un lote de libros relacionados coa temática auga e medio ambiente, por presentar o maior número de relatos de calidade.

Premiados X Certame Literario de Viaqua

“Esta edición foi moi especial xa que se cumpren dez anos dende a primeira vez que se puxo en marcha, co obxectivo de concienciar ás novas xeracións sobre o necesaria que é a auga no noso día a día e a importancia de coidar dun ben tan prezado.” declarou a xerente de Viaqua, Ana Tejeiro. 

O acto estivo amenizado polo grupo “Gallos del Norte”, que improvisaron un rap sobre a auga co público. Ademáis o acto contou coa participación da directora xeral de ordenación e innovación educativa da Xunta de Galicia, Judith Fernández Novoa; o concelleiro de Economía, Facenda e Persoal do Concello de Santiago de Compostela, Manuel César Vila; a concelleira de Educación e Xuventude do Concello de Ourense, Tamara Silva Cid e a xerente de Viaqua, Ana Tejeiro. 

“Ao longo desta década, preto de 4.000 estudantes compartiron connosco, a través da literatura, a súa visión sobre a importancia do coidado do medio ambiente e en concreto da auga, recurso imprescindible para a nosa vida e a do planeta.”, declarou Tejeiro no seu discurso de benvida.

A temática dos relatos foi "Un día sen agua: como sería un día no que a auga non estivese dispoñible no teu municipio”. O alumnado tivo que contar a súa visión sobre como vivirían un episodio deste tipo e recapacitar sobre a importancia que ten a auga en todas as accións que realizamos e ser conscientes da cantidade de auga que consumimos de xeito inconsciente para modificar os nosos hábitos e mudar a visión que temos da auga como un recurso infinito. O alumnado podía presentar as súas obras en dúas categorías: curto clásico ou curto creativo que non superasen as 200 palabras e o relato curto creativo era de formato aberto, recibindo varias propostas en forma de poemas, cómics, cancións e que podes ver na nosa web.

O xurado, que seleccionou as propostas gañadoras pola adecuación dos traballos ás bases do concurso, así como pola calidade e creatividade das propostas presentadas, estivo composto por profesionais do mundo literario e da auga: Carlos Taboada, escritor e ilustrador en Polo Correo do Vento; Susana Fernández, técnica do Departamento de Explotación de Augas de Galicia; Mª Teresa Abalde, xurídica de Viaqua e Carla Míguez, profesora da Universidade de Vigo.

Asistentes ao evento do X Certame Literario de Viaqua