Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aquae STEM recoñece aos colexios compostelás San Jorge e Vilas Alborada polo seu labor impulsando as vocacións científicas entre as nenas de primaria

Aquae STEM recoñece aos colexios compostelás San Jorge e Vilas Alborada polo seu labor impulsando as vocacións científicas entre as nenas de primaria

Durante os últimos tres cursos académicos, alumnas de 2º a 6º de primaria dos colexios composteláns San Jorge e do Colexio Plurilingüe Vilas Alborada, participaron no programa Aquae STEM, impulsado por Viaqua a través da súa Fundación Aquae. Como recompensa a este esforzo e implicación, foron recoñecidos polo seu labor promocionando as carreiras científicas e tecnolóxicas entre as nenas de primaria.  

A entrega tivo lugar nas instalacións dos colexios e acudiu a xerente de Viaqua en Santiago de Compostela, Ana Tejeiro, a directora de Desenvolvemento Sostible, Leticia Rodríguez e a directora de Comunicación e Marketing, Sonia Delpont. A xerente destacou “Para nós é fundamental participar activamente en proxectos ou programas escolares que contribúan a fomentar o talento e promover a igualdade de oportunidades, como é o caso do programa  Aquae  STEM.” Tejeiro tamén salientou “para  Viaqua é fundamental ter claro que no futuro poderemos contar con equipos de traballo mixtos e é por iso que asumimos o compromiso de fomentar estas vocacións técnicas nas nenas”.

" "
Entrega do recoñecemento no Colexio San Jorge
 
O profesorado dos colexios composteláns agradeceu a Viaqua e a súa Fundación Aquae  a existencia de programas como Aquae STEM que axudan a traballar en grupo e potenciar o papel das nenas nos ámbitos STEM.

Alumnas do colexio Vilas Alborada, Carolina, Alba e Maila, compartiron a súas opinións despois de tres anos cursando o programa, onde destacaron que o máis lles gustou foi coñecer a mulleres científicas grazas aos webinars organizados pola Fundación Aquae e Viaqua, as actividades de programación e robótica e poder traballar en grupo.  

O acto de entrega destes recoñecementos puxo o broche á fin da primeira edición deste programa trienal que se puxo en marcha en outubro de 2019 para contrarrestar a fenda de xénero constatada nos ámbitos científicos e técnicos. En España aínda persiste o “teito de cristal” no mundo académico e laboral e a presenza de mulleres en carreiras científicas limitase ao 28,5% do total, só un 21% de mulleres ocupan cátedras universitarias, e apenas o 25% forman parte do profesorado investigador, segundo as conclusións do último informe Científicas en Cifras, elaborado polo Ministerio de Ciencia e Innovación." "

Entrega do recoñecemento no Colexio Vilas Alborada

Tres anos despois, Aquae STEM está integrado no plan curricular de 8 colexios de 3 cidades galegas. A nivel nacional, o programa beneficia a máis de 2.500 alumnas de 2º a 6º de primaria de 52 colexios de sete comunidades autónomas. Máis alá das cifras, o balance destes tres cursos escolares confirma que o método activo, práctico e inclusivo de Aquae STEM, converte ás estudantes nas protagonistas, proporcionándolles experiencias didácticas, fomentando a confianza nas súas capacidades científico-tecnolóxicas e mostrándolles referentes femininos destas áreas, logrando propiciar o interese das escolares por estas carreiras universitarias.