Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pacto Social AquaOurense presenta iniciativas concretas para mellorar a inclusión, a accesibilidade e o emprego na provincia

O Pacto Social AquaOurense presenta iniciativas concretas para mellorar a inclusión, a accesibilidade e o emprego na provincia

No Salón de Plenos da Deputación Provincial de Ourense, levouse a cabo a celebración dunha mesa de traballo de Solidariedade e Emprego do Pacto Social AquaOurense, na que participaron as principais entidades do armazón social da provincia, como son, ONCE, Cruz Vermella, o Campus da auga da Universidade de Vigo, CEGASAL, Deputación Provincial de Ourense, a FEGAMP, Viaqua e  AquaOurense.

O Pacto Social, promovido por  AquaOurense, a empresa mixta formada pola Deputación de Ourense e por  Viaqua, ten como obxectivo dar resposta aos novos retos sociais e económicos derivados da crise sanitaria e da crise climática, apostando pola solidariedade, o emprego de calidade e a reconstrución verde na provincia de Ourense. O tecido empresarial e social de Ourense xoga un papel fundamental no Pacto Social, a través da cooperación e o diálogo que se está levando a cabo a través da celebración de mesas de traballo.

Despois de varios meses de diálogo e traballo entre as distintas entidades que forman o Pacto Social, celebrouse unha mesa de traballo centrada en accións do eixo Solidariedade e Emprego, onde se presentaron iniciativas por parte de diferentes entidades:

AquaOurense propuxo a formación sobre o ciclo integral da auga para persoal de mantemento das entidades locais, coa finalidade de realizar unha formación continua e programada para o persoal encargado do ciclo da auga.

A ONCE presentou a iniciativa de accesibilidade universal en instalacións públicas. Propoñendo eliminar as barreiras de accesibilidade, co obxectivo de facer a vida das persoas máis autónoma e digna, fomentando a súa inclusión social en igualdade de condicións.

" "

Celebración da mesa de traballo de Solidariedade e Emprego do Pacto Social AquaOurense

Por parte de Cruz Vermella, falaron da necesidade de sensibilizar á cidadanía no ciclo integral da auga. O fin desta iniciativa é concienciar á poboación do valor da auga e a importancia de realizar un consumo responsable da mesma. Para iso, debido a situación de seca da provincia, xa se está a poñer en marcha, da man de AquaOurense e da Deputación de Ourense, unha campaña con consellos sobre como facer un uso responsable da auga no fogar. A finalidade e chegar ao público xeral con estas campañas e aos máis cativos a través de diferentes obradoiros que levarán a cabo persoal voluntario de Cruz Vermella e AquaOurense en centros escolares do rural.

Por último, CEGASAL propuxo fomentar a inclusión en licitacións públicas a través de formación e sensibilización sobre cláusulas sociais na contratación, cun acordo de reserva de mercado a CEEIS nas entidades locais e coa contratación de persoas con discapacidade.

Todas as entidades participantes, compartiron a necesidade de traballar de forma conxunta en detectar as necesidades locais e en desenvolver as iniciativas presentadas esta mañá co fin de mellorar o emprego de calidade na provincia, cunha maior inclusión e accesibilidade universal.  

Estas iniciativas pasarán proximamente polo comité executivo do Pacto Social para a súa aprobación e planificación. Así como, continuaranse realizando mesas de traballo periódicas, onde se presentarán máis accións concretas que contribúan coa recuperación económica, social e medioambiental da provincia de Ourense. Antes de que remate o ano, terá lugar outra mesa de traballo onde se presentarán iniciativas sobre o eixo de reconstrución verde.

Asistentes á mesa de traballo de solidariedade e emprego do Pacto Social AquaOurense:

Por parte da Deputación de Ourense asistiron María Sabas, Luis Viejo, Luz Doporto, Ángeles Cantón e Javier Bobe; da ONCE, Jesús Sánchez; de Cruz Vermella, Ángela Ramallo e Marisa López; de CEGASAL, María Seoane; da Universidade de Vigo, Elena Rivo e Alberto Vaquero, por parte de Viaqua, Ana Tejeiro, Leticia Rodríguez e Sonia Delpont, e de AquaOurense, Víctor Comesaña e Susana Martínez.