Publicador de contidos

Publicador de contidos

VIAQUA aumenta o seu compromiso coa conservación da biodiversidade co programa ambiental de voluntariado BiObserva

VIAQUA aumenta o seu compromiso coa conservación da biodiversidade co programa ambiental de voluntariado BiObserva

 

" "

O programa BiObserva é un paso máis do compromiso de ViAQUA coa conservación da biodiversidade local, comenzando polo contorno natural dos centros que xestiona.

Así, en febreiro de 2017, os empregados das ETAP de Santiago de Compostela e Pontevedra recibiron formación grazas a Seo Birdlife para recoller datos de avistamento de aves, e durante todo o ano os traballadores voluntarios recolleron as súas observacións nunha base de datos de consulta pública accesible na páxina web do programa www.biobserva.com.

Os resultados obtidos reflicten a participación no programa de 8 voluntarios, 21 xornadas de observación, e un total de 189 avistamentos de aves: 26 especies na ETAP de Pontevedra, e 36 na instalación potabilizadora de Santiago de Compostela, sendo as máis frecuentes: o gorrión común, a lavandeira branca, o merlo común, a urraca e a abubilla.

Neste año 2018 serán seis as instalacións nas que se desenvolverá este programa, xa que se incorporan ao mesmo as estacións depuradoras das cidades de Pontevedra e Santiago de Compostela, así como as dúas potabilizadoras de Ourense. Nas dúas primeiras xa se programou a formación de voluntarios que desexen participar así como o censo de aves de invierno das instalacións sinaladas.

Toda a información obtida nos avistamentos xunto ao resto de información das outras 70 instalacións de Suez España que participan neste programa ambiental, permitirá a expertos ornitólogos do ICO (Instituto Catalán de Ornitología)  incorporalo aos seus estudos (atlas, desenvolvemento de bioindicadores, etc). Por outra parte, tamén se utilizará cara ao plantexamento e seguemento de medidas de mellora ambiental das propias instalacións.