Publicador de contidos

Publicador de contidos

ViAQUA utiliza un dron para inspeccionar a Estación Reguladora de caudais do Porto de Ferrol construída por ACUAES

ViAQUA utiliza un dron para inspeccionar a Estación Reguladora de caudais do Porto de Ferrol construída por ACUAES

 

" "

ViAQUA realizou na mañá de hoxe tarefas de inspección, mediante a utilización dun dron, na Estación de Regulación de caudais do Porto de Ferrol, na que converxen os interceptores de saneamento da marxe dereita da Ría, infraestructura que xestiona a empresa tras resultar gañadora do concurso público convocado por ACUAES.

A tecnoloxía dron foi utilizada para realizar un recoñecemento do interior da estación reguladora. O aparello utilizado, especificamente fabricado para este tipo de traballos, consiste nun pequeno vehículo aéreo equipado cunha cámara e protexido cunha lixeira carcasa que pode adentrarse uns 400 metros no interior de conducións que teñan un diámetro de máis de 40 centímetros. As súas particulares características facilitan a actuación en espazos confinados -pozos de bombeo, galerías subterráneas, tanques de tormenta- ou de moita profundidade como redes de saneamento e abastecemento, permitíndolle acceder a lugares inaccesibles para os operarios, ademais de obter imaxes en alta resolución  e térmicas.

Este innovador servizo, froito da investigación, é ofrecido por Suez Water Spain desde fai un ano, reportando numerosas vantaxes: desde a eliminación de riscos persoais á redución de custos e tempo, pasando pola inspección integral de estruturas, a axilización de tarefas, e a localización de posibles incidencias, envorcando todo elo nun informe final.