Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gañadores do VI Certame Literario “Relatos de auga intelixente”

Gañadores do VI Certame Literario “Relatos de auga intelixente”

A sexta edición do Certame Literario “Relatos de auga intelixente” que organiza  Viaqua para escolares entre 12 e 17 anos en toda Galicia pechouse cun éxito de participación de máis de 400 relatos, de escolares dos  Concellos nos que a empresa xestiona o servizo de auga en Galicia.

 

Os gañadores desta edición foron escolares de colexios e institutos das cidades de Santiago, Ourense e Pontevedra. En concreto, tras as lecturas realizadas dos traballos presentados e a comprobación de que se axustaban ás bases do concurso, a deliberación dos membros do xurado determinou outorgar os seguintes premios:

 

RELATOS CLÁSICOS

Categoría ESO

1º PREMIO: ÍNDIGO_BO PROVEITO - Xoel Amigo Moure (3ºESO – IES Antonio Fraguas) de Santiago de Compostela

2º PREMIO: ABRIL_LA HIPOCRESÍA - Paula Diz Parrondo (4º ESO - IES Frei Martín Sarmiento) de Pontevedra

Categoría BACHILLERATO

1º PREMIO: NARÓN_NAI TERRA - Beatriz Collado Rivas (1º BACH – Colexio La Salle) de Santiago de Compostela

2º PREMIO: INTRANSIGENCIA_LIENZOS EN BLANCO - Helena Blanco Nóvoa (2º BACH – Colegio Carmelitas) de Ourense

RELATOS CREATIVOS

Categoría ESO

1º PREMIO: A GALOPINA_SALVA A TÚA TERRA! - Silvia Curieses Fernández (4º ESO - IES As Lagoas) de Ourense

2º PREMIO: SAB365_ME LLAMAN PLÁSTICO - Sabela Paz Touriño - (2ºESO- IES Frei Martín Sarmiento) de Pontevedra

Categoría BACHILLERATO

1º PREMIO: OUTONO_PLÁSTICOS FORÁNEOS - Noa Fernández Casal (1º BACH – Colegio La Salle) de Santiago de Compostela

2º PREMIO: MDMARIETA_A VOZ DO MAR - Marieta Morillo Díaz (1º BACH – Colegio La Salle) de Santiago de Compostela

Pola súa banda, o Colexio Divina Pastora (Franciscanas de Ourense) fíxose co recoñecemento do xurado ao centro escolar que presentou ao concurso o maior número de relatos dos seus alumnos e alumnas, cun total de 138 relatos.

O xurado desta edición estivo formado por: D. Carlos Taboada, escritor e ilustrador en Polo Correo do Vento; escritor; Dª. Susana Fernández, técnica Departamento de Explotación de Augas de Galicia; Dª. Mª Teresa Abalde, xurídica de Viaqua e Dª Ana Iglesias, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo.